Pasodoble dos e​ó​licos

by ki _ für alle fälle

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

Baseado na melodía de "o piollo malvado" do mestre Xurxo Fernandes.
Música por KI, Letra por Fur Alle Falle.
CLIP: www.youtube.com/watch?v=TL06n3exR3I
LETRA:

lyrics

Vouche contar un conto de Monfero
acontecido na Serra de Queixeiro
eran eólicos soberbios e malvados
que a moita xente tiñan atemorizados

un 3 de xuño foi cando se enteraron
mentras estaban collendo a herba nun prado
chegou o aviso do BOE publicado
quedaba na poligonal o mesmo prado

o prado, a leira, o regato
os lugares máis preciados

toda a serra van furar, pra os muíños instalar
olla coa traída da auga que aínda cha poden secar
os penedos do pasado, que estaban catalogados
á vista dos nosos ollos, todos industrializados

xuntáronse no adro do convento
coas de Aranga que eran outro monumento
e analizaron ben tódolos documentos
en 4 días logo xa eran oitocentos

fixeron mapas, andainas, e pancartas
e xuntáronse en Caaveiro os da comarca
alegacións a miles as firmaban
a veciñanza estaba moi ben informada

toda a serra van furar,
pra os muíños instalar

disque van deixar uns cartos, para axuda no fogar
hai quen vende o seu lugar pra catro pesos gañar
meten toda a nosa terra, nun polígono industrial
pra facer macro negocios usan o noso lugar

a veciñanza preguntaba no concello
se había noticias do que estaba acontecendo
dende alcaldía transmitían ás veciñas
daquela era a primeira noticia que tiñan

O pouco tempo apareceron documentos
camuflados no rexistro do concello
A promotora tíñalles notificado
e o propio alcalde é quen o tiña asinado

róubannos as terras todas
pra os muíños instalar

xa pasou a democracia e volvemos ao feudal
ofrecen traballo e cartos pra podernos esmagar
as Reservas da biosfera, e os parques naturais
a Rede natura enteira, e o que queda de humedais

As promotoras andaban polos montes
os técnicos medindo impactos polas noites
pintaban cruces nas leiras e os valados
os vellos estaban todos aterrorizados

Toda as aldeas caían neste calvario
alegacións e rexistros saturados
a miña casa queda na poligonal
que vou facer agora coa casa rural

queren transformar a aldea
nun polígono industrial

as reservas da biosfera, e os parques naturais
a rede natura enteira, e o que queda de humedais
Cando xa non quede aldea, onde iran os da cidade
cando xa non quede serra onde respirar o aire

o conto aínda non cho dou por acabado
as plataformas saían por todos lados
Oza Cesuras Paderne e Ortegal
Dende os Ancares até os Montes do Chá

E agora a xente está escribindo a súa historia
os territorios aínda non cantan victoria
non está sendo como estaba planeado
porque as aldeas se teñen organizado

queren transformar a aldea
nun polígono industrial

perderemos todas - a calma, a traquilidade
que vai ser da nosa terra e da nosa mocidade
as aldeas non se venden, se as aldeas se defenden
imos conservar a vida fronte ao oligopolio verde

credits

released May 14, 2022

license

tags

about

fur alle falle GA, Spain

Agitators, researchers and cultural producers
für alle fälle
for all occasions

contact / help

Contact fur alle falle

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this track or account

If you like Pasodoble dos eólicos, you may also like: