no meio das silvas onde ninguén pisou
eu sei que esta pousado o libro multicolor
andamos todas mirándonos de lonxe
co resto dos animais que habitan no monte
se quedas aqui queto un rato podes ter sorte
se pasas a estancia do medo ficas máis forte
se quedas aqui un rato conmingo no monte
se quedas un rato calado no monte
fuches lonxe
perdimos teu rastro depois do Fondal
pasou un paxariño que non volveu máis
creceron as silvas no sitio da fonte
e pasan os teixos vestidos de condes
o corzo está no río mentres ti estás na piscina
o moucho durme a sesta mentres súas na oficina
estás no supermarket están poñendo as galinhas
non estaba ninguén cando atacou a denociña
-----
cada eucalitro da corte está agardando a morte
pasa vestida cun cesto vello tasando os montes
anda movendo os marcos a meia noite
estivo o teu lado no entroido bebendo un ponche
disque andaba collendo os musgos que saen na fonte
e que cortou o budio e arranxou a ponte
vendeuche papel reciclado sen que te deses conta
e pouco a pouco o teu monte revirte na súa conta
oh si, eu voucha buscar
a millor maza da horta e voucha regalar
das que son rosas por dentro e se comen sen pensar
miña nai non teño roupa eu queríame casar
ohh sii tesme que contar
as historias máis antigas que coñeces do lugar
Miña nai como e tan pobre e non ten pan que me dar
encheme a cara de bicos e depois rompe a chorar
ohh noo menudo marrón
foi cruzar ate o fondal e a ponte se escarallou
teño medo ven conmigo, ninguen sabe que pasou
eu non sei que quero ser, máis quero ficar aquí
gandeiro non quero ser, mais quero ficar aquí
Another killer offering from the Clan Destine cult, this one an immersive combination of bleak ambient and industrial sounds from L I S S A. Bandcamp New & Notable Dec 6, 2020
North Carolina producer Lvers makes “occult beat music”—crackling noise with heavy industrial rhythms that's surprisingly alluring. Bandcamp New & Notable Mar 24, 2020